O ano 1978 resulta difícil de borrar do imaxinario colectivo dos galegos. Foron meses de cambio e, sobre todo, de renacemento. Porque nesas datas, concretamente o 6 de decembro, vía a luz a Constitución Española -na que tanto tivo que ver o Presidente da Xunta, Manuel Fraga -, e con ela o xérmolo do que despois sería o Estatuto de Autonomía de Galicia, as institucións propias do noso país e o afianzamento da identidade galega coma emanadora de dereitos para aquejes que a detentan.
Non é de estranar que, durante ese ano, naceran centros galegos tan importantes coma o voso, de Sabadell. De xeito expontáneo, unidos polo sentimento de galeguidade, pola común preocupación por Galicia e o que pasase neste Finisterrae Galaico, os paisanos desa cidade vos uníchedes e puxéchedes as primeiras pedras do que despois sería a fructífera Asociación Cultural Galega Nós, agora Centro Galego Nós de Sabadell.
Comezáchedes de cero, sen un lugar fixo onde face-las vosas tertulias, pero con moita ilusión. Non vos caiba dúbida de que os grandes proxectos, moitas veces, teñen esa mesma orixe humilde. Sodes un exemplo claro do que a forza de vontade pode lograr, cando se queren face-las cousas ben feitas, e traballar por unha boa causa.
Esa mesma pauta de entrega é a que, desde o departamento que dirixo, queremos seguir e aplicar ó noso labor diario a prol dos emigrantes.
Como galegos da diáspora que sodes, todo o que vos preocupe nos preocupa ós que, desde a Xunta de Galicia ou calquera das súas institucións, traballamos polo ben da nosa colectividade no exterior.
Dicía o gran comediógrafo latino Terencio "Hamo sum, humanum nihil a me alienum puto","son home, nada do humano me pode resultar al leo". Non quero empregar esta frase só para facer retórica, porque aínda que as palabras son un arma imprescindible para a defensa de calquera causa, detrás de cada verba ten que haber tamén unha acción.
Saberedes, a bo seguro, que nos últimos tempos a Xunta, o mundo empresarial, as institucións e moitas persoas de Galicia están a participar na Fundación Galicia Emigración. Vós, coma emigrantes, coma bos homes e mulleres que sodes, non podedes ser alleos á realidade, ás veces dramática, na que viven outros galegos que, igual que os que conformades esa gran familia do Centro Galego de Sabadell, tiveron que marchar da súa terra a buscar meIlor fortuna noutros lugares. Esa Fundación, coas aportacións que todos, na medida das nosas posibilidades, poidamos facer, axudará a que ningún galego, en ningunha parte do mundo, estea sé, desprotexido, diante da adversidade.
Sodes solidarios, non me cabe ningunha dúbida, e por iso, un bo día de finais de 1978, decidíchedes unirvos para compartir as cousas positivas, e ás veces tamén as negativas. Tedes iniciativa, coma ben demostra a vosa capacidad e de manter vivas as raíces que tedes, coas vosas actividades de danza, de música tradicional, de romarías e de cultura galega en xeral.
Que ese espírito non morra. A vós, engrandécevos, e a moitos emigrantes que están pasando penurias failles moitísima falta.
Aurelio Miras Portugal
Conselleiro De Emigración E Cooperación Exterior