Permitídeme que esta vez non sexa un saúda nin unha presentación a que abra o comezo da nosa revista. Tomeime a liberdade de escribir unha misiva dirixida moi particularmente ós nosos socios e simpatizantes, tentando de que sexa extensiva a tódolos que queiran participar coas nosas ideas. Tódolos que compoñemo-la Xunta Directiva do Centro Galego NÓS de Sabadell, tentamos de que os máis novos participen connosco en tódalas actividades e se integren no desenrolo e desenvolvemento do mesmo.
Temos que recoñecer que as prioridades e outras actividades das mozas e mozos son moi diverxentes. Teñen obrigas máis importantes -estudios, traballos, compromisos...- que lle impiden adquirir certas responsabilidades no noso Centro. As cousas son así, pero se esas novas xeracións non nos relevan e poñen da súa parte o agarimo e anceios precisos, os nosos Centros teñen pouco vida e futuro por diante. A alternativa ás Asociacións e Centros teñen que dala os nosos fillos, eles son os que deben traballar porque o futuro dos Centros esté garantido, e non só cun grupo folkclórico ou cun bar-chiringuito para xoga-la partida. O vindeiro ano cumpliremos 25 anos de existencia, e ó longo desta traxectoria coido que este Centro foi guieiro pra moitos outros. Dende aquí fago unha chamada a tódolos que teñan inquedanzas pra que se xunten connosco e participen neste proxecto que imos renovando cada ano coa axuda de tódolos socios e simpatizantes. O vindeiro ano ternos que facer unha celebración que sirva de referencia para outras Asociacións e Centros e unha festa de reafirmación dos nosos anceios. Fixemos moitas cousas, pero quedan moitas por facer aínda. Por nós mesmos e pola nosa Comunidade Galega.
O segundo punto desta pequena carta ten que ver coa celebración da Festa das Autonomías deste ano. Foi unha celebración extraordinaria. Un éxito de tódolos socios, colaboradores e simpatizantes. A verdade é que sempre nos visita a chuvia, pero este ano foi coma unha bendición pois acompañounos tan só uns momentiños, pero non desluciu o acto fundamental da inauguración do "Paseig da Mariña Lucense". A presencia do molt Honorable Presidente da Generalitat don Jordi Pujol, foi de tal relevancia que moitas autoridades e políticos nos preguntaron polo acontecemento.Algúns dos alcaldes da Mariña -de Trabada, de Ribadeo, don Anibal Otero, Xerente do IGAEM, o Director da Cope en Ribadeo tamén nos acompañaron e don Manuel Bustos, o alcalde da nosa cidade, fíxonos sentírmonos coma na nosa Terra. Como resultado deste encontro e intercambio, a cidade de Sabadell terá unha rúa (paseo ou avenida) nas vilas de Trabada e Ribadeo, que se inaugurarán precisamente o vindeiro ano, o da celebración do noso 25 aniversario.
Nesas datas de celebracións e gozo visitounos tamén o desacougo, posto que faleceu o pai dunha das nosas colaboradoras máis novas. A nosa lembranza para ese socio que nos deixou e, saiba a súa familia, que teñen a nosa máis sinceira solidariedade e condolencia. Estamos ó seu dispor, se nos precisan.
Tamén debo felicitar ós integrantes da Asociación de San Sebastián de los Ballesteros por ter elixido para visitar, este ano, a nosa Comunidade Galega.
Tivémola honra de ser visitados pola súa Xunta Directiva en Galicia, acompañados dalgúns socios.As autoridades competentes, en diferentes lugares oficiais, recibíronos como deferencia hacia o Centro Galego NÓS, posto que ían en nome noso. Sentímonos moi honrados pola súa amizade e polo afecto e aprecio que nos teñen. Desexamos e agardamos que disfrutaran da visita.
E para terminar, unha petición: que continúen aportando tódalas ideas constructivas tendentes a mellora-la nosa actividade asociativa e que nos sintamos orgullosos de pertencer a un Centro Galego, en Cataluña, cunha historia moi honrosa.
Rogelio Martínez Lodos
PRESIDENTE