logotipo

img_google

O POXIGO WEB

VOCEIRO DA ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA,CULTURAL E DEPORTIVA FONTE DE UNTA (BETANZOS)

O POXIGO WEB | ACTIVIDADES | GASTRONOMÍA | DEPORTES | CULTURA | LIGAZON | OPINIONS | OS EMIGRADOS | EDICIONS ANTERIORES | MOCIDADE

                     Hai xa tres anos naceu o que nun primeiro intre era un equipo de fútbol,o "Tasca Fonte de Unta,hoxe,video 007-Fonte de Unta".incorporáronse novos membros,nos cales non só habia inquedanzas no aspecto do balompé senon tamén interés en deselvolver outras actividades no tempo de ocio.A estes grupos sumáronse mais tardes novas persoas con outrs ideas e proxectos,co cal,ao ampliarse o grupo,houbo que buscar unha organización e un financiamento.Nace así o que nós denominamos"ASOCIACIÓN GASTRONOMICA,CULTURAL E DEPORTIVA FONTE DE UNTA";redactaronse os estatutos e aprobáronse polos socios.Legalizamonos e elixiuse unha xunta directiva.

                   A dirección saída das furnas no agosto pasado progamou distintas actividades divididas por apartados:deportivas(fútbol,futbito,tenis,bolos celtas,senderismo,ra e outras);culturais(pintura,fotografía,poesía,charlas-coloquio,radio,revista,exposicións) e gastronómicas(O magosto,lumeiradas,antroido,nadal,saídas gastronómicas,cociña,feira medieval,etc…..)

                   O poder levar adiante este programa é o fin e a razón para que foi creada esta asociación e así darlle un sentido ao tempo libre do cal dispoñemos.Hoxe poñemos en marcha un dos grandes proxectos que tiñamos,a revista"O poxigo".Con ela queremos dar a coñocer as nosas actividades,ser o referente dos socios e os medios no que poidamos darlles saídas dun xeito libre e sen censura aos nosos pensamentos,ideas,ironías,traballos varios,etc…..

                   Tamen queremos poñereste medio a disposición de todas aquelas persoas que non sendo socios teñan unha oportunidade para participar e colaborar connosco.

                                   Esperanmos que vos guste.Un saúdo.


                                        Henrique Fernández Vázquez


                                   Presidente da AGCD "Fonte de Unta"

EDITORIAL

DIRECCION

F.Xabier Doporto

EQUIPO DE REDACCIÓN

Alfonso Bieito L .

Henrique Fernández V.

Helena Robledo M.

Lino García Salgado.

Arantxa Santaren R.

COLABORACIÓN

Juanma,Susana,Mar,Jorgue,josé manel,Alberto,Monica,Quieque alonso,Miguel Alonso

FOTOGRAFÍA

H.Reboredo

Oliva Perez

Arume Fotografía.

WEBMASTER.

Yoba

E a miña Martiña

BUSCADORES

E-mail