
|
MOCIDADE E HISTORIA |

|
O POXIGO WEB | ACTIVIDADES | GASTRONOMÍA | DEPORTES | CULTURA | LIGAZON | OPINIONS | OS EMIGRADOS | EDICIONS ANTERIORES | MOCIDADE E |
|
VOCEIRO DA ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA,CULTURAL E DEPORTIVA FONTE DE UNTA (BETANZOS) |
|
ESCALAR,DEPORTE POUCO VALORADO. Se nos detenemos a buscar no diccionario dito término,atopámonos coa acción que consiste en subir grandes pendentes. Se o preguntamos a xente pola rúa, responderannos que as persoas que fan tal Cousa é que están mal da cabeza, non se atopan no seu pleno xuízo, que non lles importa a vida, todo elo gracias a cara do alpinismo que lles mostraron nas películas americanas que tanto están de moda. Eu pregunto realmente se sabemos o que é o alp¡n¡smo, xa que na televisión só nos falan del cando alguén morre traxicamente na montaña. Por que os medios de comunicación non nos contan que existen uns colectivos que practican dita actividade e que ademais os nosos montañeiros teñen un posto de honra a nivel mundial? Paremonos entón, a pensar si esto é debido o que de verdade vende, é o morbo de ver uns corpos sobre a neve ou desprendidos ó pe dunha parede. Podíamos falar do sacrificio que non é pouco), do frío, do calor, do vento, da burocracia ( parede invisible ), do adestramento e de moitas outras cousas que fan que este deporte sexa un dos máis fermosos xunto con tódolos riscos e perigos que soporta. Sei que existe moita xente que se preguntará que é o que pode motivar a unha home/muller a subir montañas, a escalar esa parede que a veces supera a vertical; o único que atopei por resposta é que o escalador nese momento sintese libre, que é el quen dirixe a súa propia vida, é algo que non se pode espaciar pero que nos aseguran que esta aí. "Juanma ' vasco pero residente en Betanzos, como escalador, quere aproveitar este artigo para pedir que non se lles trate como heroes, simplemente que se lles respecte e que o mundo entenda que cando unha persoa fixo a cima dunha montaña, non é porque cobrara os miles de milláns que pode cobrar un futbollsta, senón todo o contrario, que o pagou el e ademais a única motivación e expectativa é el mesmo. A FIESTRA |
|
HISTORIA |

