
|
DEPORTES |

|
VOCEIRO DA ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA,CULTURAL E DEPORTIVA FONTE DE UNTA (BETANZOS) |
|
O POXIGO WEB | ACTIVIDADES | GASTRONOMÍA | DEPORTES | CULTURA | LIGAZON | OPINIONS | OS EMIGRADOS | EDICIONS ANTERIORES | MOCIDADE E |
|
Unha das actividades que vén realizando a Peña, no que se refire á sección deportiva, e a participación no campionato de fútbol de peñas de Betanzos, na que compiten un total de 12 equipos da localidade e da bisbarra. Neste número inicial da revista da entidade, comentarei como presentación que o equipo está composto por xogadores que á súa vez son membros da sociedade, de diferentes idades e que non hai límite para á máxima. Os partidos xóganse como local no campo de fútbol de Velouzás (Paderne), sendo o seu comezo ás 11:00 horas dos domingos. Aproveitando este primeiro número e sen ánimo de menoscabo para a organización do torneo, quero dirixirme á mesma para que trate de que se cumpra o inicio dos partidos no horario regulamentado e establecido. Os retrasos nos comezos son manifestamente reprochables e, aínda que agora non é tampouco o intre e xa noutra ocasión me ocupare¡, hal que tratar dalgún xeito de que os vestiarios dos distintos campos cumpran uns requisitos mínimos xa que non podemos xogar na nosa vila. Os que hai agora recordan épocas prehistóricas e cavernícolas, indignos de seres humanos e menos de deportistas. Retomando o tema deste comentario, ou sexa, o equipo de fútbol da peña, direilles que depois duns comezos titubeantes, pola adaptacion a este tipo de campionatos, xa empezamos a colleitar resultados moi positivos. Proximamentes traballaremos para pulir quizais o único fallo que demostramos no campo: o afine de puntería á portería contraria. Das innumerables ocasións de gol que se crean, materializanse unha porcentaxe mínima. Unha vez que finaliza o partido, indistintamente do resultado, todos no local social. Xogadores e simpatizantes degustan unha sabrosa empanada que é elaborada por un dos compoñentes, e da que non sobra nin o corrosco. Sospeito que o seu esmero na elaboración artesanal sexa para gañar un posto no equipo, ainda que sabe que non o necesita, posto que é imprescindible, ao igual que os demais. Por último e para ir finalizando, hai que ir pensando no futuro do equipo de fútbol. Habería que ir creando a canteira da peña, coas posibles incorporacións de novos mozos de idade xuvenil, ou levando á práctica un campionato de fútbol de peñas xuvenís,etc |
|
Video 007-Fonte de Unta |

|
RESUMO DUN ANO…..NA LIGA DE PEÑAS DE BETANZOS. Tal e como sucedera no ano pasado,rematamos o campionato de liga cunha victoria fronte a peña Lastra 2-3.É como se a historia se repitira para concluir nun décimo posto na clasificación final,que pode parecer algo escaso os méritos contraidos polo equipo.Pero,sen dúbida,o mellor de este ano foi unha vez áis o bo ambente que se respiro en todolos partido,e o bo facer que discurria entre as nosas mentes rebulideiras e os pés endiblados que non paraban de fogotear pases inverosimiles e goles de autenticos mecenas da arte. Sirva istas liñas para felicitar públicamente a todolos integrantes do cadro(corpo técnico,masasixas,olladores,futbolista,encargado de intendecia,sufridoras compañeiras,etc.....) Pola sua entrego e vocación.Tamén quixera felicitarnos por ser a fonte de inspiración dalgun xornalista que tan alegre e bucolicamente nos retratou nun xornal de tirada local.Gracias Sobrino,a proxima victoria será dedicada ó teu bo facer. |
