logotipo

img_google

CULTURA

VOCEIRO DA ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA,CULTURAL E DEPORTIVA FONTE DE UNTA (BETANZOS)

O POXIGO WEB | ACTIVIDADES | GASTRONOMÍA | DEPORTES | CULTURA | LIGAZON | OPINIONS | OS EMIGRADOS | EDICIONS ANTERIORES | MOCIDADE E


                  O pobo galego sempre tivo unha forte personalidade. Xa os romanos denominaron ao noroeste peninsular como Gallaecia pola súa singularidade. Ese feito diferencial foi o que fixo que alá polo ano mil o latín falado no noso país derivase en GALEGO, algo similiar ao ocorrido fóra da nosa terra con outras linguas como o francés, o italiano ou o castelán nos seus propios países.

                Este feito non o debemos esquecer nunca: O IDIOMA QUE CREAMOS OS GALEGOS É O GALEGO.

                Por circunstancias históricas derivadas da pertenza de Galiza a un estado no que se impuxo como idioma oficial o castelán, agora no noso país tamén se fala este idioma. De feito fol a lingua que se tentou impoñer primándoa durante 600 anos e provocando que o galego quedara como a fala das clases mais humildes.

                 Este é outro feito que debemos ter en conta: SO DENDE HAI ESCASAMENTE 20 ANOS HAI LIBERDADE PARA UTILIZALO LIBREMENTE EN TODAS PARTES.

                 A pesar de todo o pobo galego logrou entrar no ano 2000 cun oitenta por cento da súa poboación falando o seu idioma. Agora a nosa sociedade está nun proceso de dignificación da súa lingua, desta lingua tan aldraxada durante séculos, e que agora entre todos estamos a tentar poñer no seu lugar. Dende a dirección desta revista queremos aportar o noso grao de area, de acordo cos estatutos da sociedade "Fonte de Unta", presentando esta publicación no          Día das Letras Galegas do ano 2001, na lingua do noso país, é dicir, EN GALEGO


                                   O EQUIPO REDACTOR

A LINGUA PROPIA DE GALIZA

.Ben cheira o diñeiro, inda que veña dun esterqueiro.

.Máis doado é ó burro preguntar, que ó sabio resposta .

.Máis tiran dúas tetas, que dúas carretas.

.Nin sábado sen sol, nin moza sen amor, nin vella sen dor.

.En martes, nin a cama mudes, nin a roupa laves.

.As mulleres cando paren acórdanse de San Ramon, e cando os están facendo, sin santo nin devoción.

.En martes con merda te fartes.

.Cando non chove en febreiro, non hal prado nin bo lameiro.

.Algo non é moito, pero nada aínda é menos.

.A fala de homes bos, fixo o meu pai alcalde.

.Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo.

.Vai a vella andando e vaille o cu acaneando.

.No mes de xanerio, súbete ó outeiro, se ve-los teus campos verdexar ponte a chorar, se terrexar, ponte a cantar.

.0 luns érgome, o martes cálzome e o mércores vistome.

.Remenda o sajo e durarache un ano, e se o remendas ben, o ano que vén.

.Uns nacen de pé, e outros non saben para que.

.Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palle¡ro,

.0 viño do Ribeiro fai andar ó lixeiro.

.Viña entre viñas e casa entre veciñas.

.Quen xaxua en San Xoán ou e tolo o non ten pan.

.Mainzo raro, espigas ó carro, mainzo mesto, nin no carro nin no cesto.

.A chuvia en agosto non é chuvia, é mel e mosto.

.0 que bebe viño chéiralle o fuciño.

REFRANEIRO

CULTURA I

CULTURA II

CULTURA III