AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA Y CULTURAL



É unha asociación sen ánimo de lucro que reune a 315 socios activos e 70 socios protectores de Pontedeume e
comarca.
Fundada oficialmente, en 1979, mantén dende entón unha escola de baile, e dende 1982 as escolas de gaita e
pandeireta, nas que participan os socios, nun espectro que abrangue
tódalas idades desde os catro anos en adiante, nos distintos grupos. Así mesmo e sobre todo a base
desinteresada do traballo dos seus socios, os seus obxectivos son a dinamización e estimulación das actividades
folclóricas e culturais galegas, e en galego, de caracter permanente que levaron nesta andaina de 20 anos, a se
converter, nunha asociación de referencia no ámbito cultural da comarca, en Galicia e mesmo a nivel
internacional, potenciando os intercambios con grupos nacionais e internacionais e colaborando activamente con
outras entidades, tanto públicas como privadas.
As actividades que realiza teñen un aspecto común e identificador: a recuperación e espallamento de festas,
danzas e tradicións de Pontedeume e comarca, con referencia o patrimonio lingüístico, antropolóxico e cultural
galego, e a súa difusión e defensa do idioma galego.
Entre outras destacar:
* Xornadas sobre a cultura e folclore galego
* Día da muiñeira
* Festival folclorico internacional
* Magosto
* Festa da calabaza
* Día da arbore.
Desfiles, exposicións, festas infantís, e outras actividades centran a forma de traballar de ORBALLO.

Flota pesquera de Pontedeume
ESTAN ESCOITANDO A "MUIÑEIRA DE GALLAECIA"
Envíenos un E-Mail: afc_orballo@hotmail.com